lunes, 4 de mayo de 2015

O noso cartel

Para finalizar o noso paso por este blog engadimos un cartel no cal resumismo o que fixemos ó longo destes meses:
Esperamos que sexa do voso agrado e que disfrutárades compartindo esta experiencia con nós!
Ata pronto amigos!


Aquí deixamos as últimas actividades!

A continuación deixamos unhas capturas da nosa actividade realizada con PDI sobre os mares e ríos da península, e a realizada co aplicación "Moldiv" no Ipad.

domingo, 3 de mayo de 2015

                               Feliz día da Nai!!

O primeiro domingo de maio celébrase o día da nai como agradecemento a todos os momentos que nos dedican as nosas nais día a día. E nós non quixemos esquecernos desta data tan sinalada.

 Porque hai que ter en conta o importante que son as nosas nais na nosa vida e agradecerllo non só hoxe, senón cada día. Felicidades mamá!                     

viernes, 1 de mayo de 2015

Os Maios


O día un de maio é o día do traballador, pero non nos debemos esquecer da importante tradición galega que se celebra cada ano neste mesmo día. Sí, os maios. Esta tradición consiste en que os máis xoves adornen unha estrutura de madeira con elementos da natureza. Ademais realízanse competicións onde mostran os maios e cantan unhas coplas inventadas por eles á vez que dan voltas ó redor do maio.
Nestes concursos podemos atopar dende os maios máis tradicionais ata os máis creativos:

 

A continuación engadimos un exemplo cdnhas coplas realizadas para esta festividade.
 "Aí ven o maio
pola carambola,
escapa rapaciño
que che come a pirola"
"O que está debaixo
é un bo rapaz
é descendente
de Xan Carallás"
"Maio, maiño
ponte de pé
a ver si ganamos
para café"
Esperemos que a choiva non impida que se celebre esta festa e que todos podamos disfrutar dela!