viernes, 1 de mayo de 2015

Os Maios


O día un de maio é o día do traballador, pero non nos debemos esquecer da importante tradición galega que se celebra cada ano neste mesmo día. Sí, os maios. Esta tradición consiste en que os máis xoves adornen unha estrutura de madeira con elementos da natureza. Ademais realízanse competicións onde mostran os maios e cantan unhas coplas inventadas por eles á vez que dan voltas ó redor do maio.
Nestes concursos podemos atopar dende os maios máis tradicionais ata os máis creativos:

 

A continuación engadimos un exemplo cdnhas coplas realizadas para esta festividade.
 "Aí ven o maio
pola carambola,
escapa rapaciño
que che come a pirola"
"O que está debaixo
é un bo rapaz
é descendente
de Xan Carallás"
"Maio, maiño
ponte de pé
a ver si ganamos
para café"
Esperemos que a choiva non impida que se celebre esta festa e que todos podamos disfrutar dela!

No hay comentarios:

Publicar un comentario