SPOT PUBLICITARIO:
http://www.ads-ngo.com/2012/07/04/think-about-what-you-could-save-when-you-save-water-world-water-day/
1.-Análise descritivo
1.1
Descrición del anuncio
A imaxe pretende concienciar da importancia que ten o bo
uso da auga e cales son as consecuencias
de desperdiciala. Para isto, emprega
unha metáfora na que aparece unha billa aberta e unha árbore seca e sen follas
cuxas raíces son as tuberías que proceden da billa.
1.2.-Descrición da imaxe:
N a imaxe
predominan cores apagados e un fondo gris. Utilízase un estilo en su maioría
monocromático. Caracterízase por un tipo de plano xeral e un ángulo medio.
Ademais poderíase dicir que é unha imaxe simple e abstracta.
1.3.- Descrición do texto:
O texto pretende
concienciar de todo o que se pode salvar se salvamos o auga e dicir de todo o
que temos grazas a ela. O texto non
destaca demasiado sobre a imaxe nin chama moito a atención xa que non está
escrito con cores chamativos.
2.- Análise interpretativo
2.1.- Público ao
que vai dirixido: Este spot publicitario non necesariamente vai dirixido a un
público concreto se non que intenta convencer a todos os seres humáns da
importancia de cada gota de auga.
Ángulo medio
simple y abstracta
2.2
Características da imaxe.
A imaxe caracterízase por ser simple,
abstracta e tamén orixinal.
2.3.- Mensaxe do
anuncio:
O anuncio intenta concienciar da importancia de non
desperdiciar a auga. Pon de exemplo unha
billa aberta e unha árbore que se seca a consecuencia disto.
A auga é vida e polo tanto e imprescindible para a
existencia da natureza e dos seres vivo, por iso debemos valorala e non
desperdiciala.
2.4.- Sistema de
valores: A imaxe intenta transmitir cales serían as consecuencias da falta de
auga neste caso a sequía da natureza. Como mensaxe subxacente poderíamos
concluír que o anuncio intenta explicar
que sen auga non sería posible a existencia da natureza e por tanto tampouco os
seres vivos. E dicir que sen auga non habería vida.
3.- Análise subxetivo
3.1.- Opinión
persoal: Penso que a imaxe é moi orixinal e gráfica. Ademais chama moito a
atención e representa unha situación cotidiá que pode pasar a calquera persoa,
como é o feito de deixar a billa aberta.
3.2.- Cómo faría
eu o anuncio:
Se estivese na
miña man facer esta imaxe quizais cambiaría as cores poñendo outras máis vivas
e que chamasen máis a atención. Ademais intentaría deixar un pouco máis claro
cales son as consecuencias da pérdida de auga.
UNHA PELÍCULA OU DOCUMENTAL NEMO
ESQUEMA DE
ANÁLISE:
-FICHA TÉCNICA:
ANO: 2003
PRODUCTORA: MondoPerr, PIXAR.
DIRECCIÓN: Andrew
Stanton
TEMÁTICA: Un pez
que vive no mar.
PERSONAXES: Nemo,
Dori, Marlin
SIPNOSE: A película conta a historia de dous
peixes, Marlin e o seu fillo Nemo, que se ven obrigados a separarse xa que este
último é capturado por un buceador e levado a unha peceira da consulta dun
dentista. Así comezará unha gran aventura na cal Marlin, en compañía do peixe
Dori, irá en busca do seu fillo.
-ANÁLISE TÉCNICO
DE CORES, PLANOS, ÁNGULOS, ENCADRE,…
Colores:
claroscuro e colores moi vivos
Planos : xeral e
americano
Ángulos: moitas
clases de ángulos dende o predominante ángulo medio, Ángulo cenital, e nadir …
-UTILIDADE
EDUCATIVA: Con esta película o que se pretende e que os nenos tomen conciencia
da importancia da auga e do seu coidado así como de valores transversais como a
solidaridade o traballo en equipo etc.
-VALORACIÓN
CRÍTICA: Esta película parécenos moi axeitada para tratar esta temática xa que
conciencia os nenos de que os animais deben vivir en liberdade e non nunha
peceira.
-PROPOSTAS DE
MELLORA: En canto a propostas de mellora, non temos ningunha que aportar,
quizais debería amosar máis as características do mar
-GUÍA DE
VISIONADO: O ideal sería que os nenos se fixaran máis no momento no que, cando
a peceira está sucia e os peixes están morrendo, traballan en equipo para saír.
UN CAPÍTULO
DUNHA SERIE: NARIGOTA
ESQUEMA DE
ANÁLISE:
-FICHA TÉCNICA:
ANO: 2001
PRODUCTORA: Motion Picures SA
DIRECCIÓN: Enrique Uviedo
TEMÁTICA: A auga
PERSONAXES: Narigota, unha pinga de auga, Vaporón, unha
nube, Frigote, un cubo de xeo, Bolinga, unha pinga de alcohol e Germón un xerme.
,SIPNOSE :
Narigota, unha pinga de auga con axuda dos seus amigos Vaporón e Frigote serán
os encargados de salvar ao planeta, evitado que Bolinga e Germón o contaminen,
ao mesmo tempo que levarán a cabo o ciclo da auga.
-ANÁLISE TÉCNICO
DE CORES:
Predominan o
plano xeral en ocasións o americano e
utilizan practicamente sempre un ángulo medio.
En canto as
características da imaxe, emprégase maioritariamente imaxes simples, con
relación as cores utilízase un estilo claroscuro e cores moi vivas.
-UTILIDADE
EDUCATIVA : Conciencian aos rapaces que a auga e vida e debemos coidala evitando
a súa contaminación así como informar todo o recorrido que leva a cabo no noso
planeta.
-VALORACIÓN
CRÍTICA: É unha serie de debuxos animados adecuada para os nenos xa que se
trata de ensinarlles a coidar o seu entorno a de forma divertida.
-PROPOSTAS DE
MELLORA: Podiamos incluir máis elementos que contaminen o planeta para que os
nenos saiban cales son aqueles os cales deben evitar votar a auga.
-GUÍA DE
VISIONADO: Neste vídeo queremos que os alumnos se centren maioritariamente nos
15 primeiros minutos do vídeo xa que se explica a orixe das distintas personaxes,
e dicir, da auga nos seus distintos estados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario