Tras estos meses
traballando en diversas actividades, conseguimos alcanzar un maior dominio dos
diversos programas, recursos e aplicacións propostos pola docente.
En primeiro lugar
tivemos que realizar un proxecto educativo no cal introducimos e presentamos o
noso tema de traballo, a auga. Neste proxecto propusimos unha serie de actividades
a través das cales traballamos os contidos do tema e curso elexidos. Tamén engadimos o xeito de avalialas
actividades xunto cos recursos precisos.
Posteriormente,
fixemos unha busca e análise de diversas webs institucionais educativas para
docentes, discentes e familias. A continuación fixemos o mesmo con portais
educativos, tamén para mestres, alumnos e familias.
Tras ter
rematados estes puntos comezamos coa realización das actividades con programas
como Edilim, PDI e JClic. Neste punto da materia foi cando comezamos a dominar
estes programas.
Tamén realizamos
unha webquest seguindo o deseño dunha que atopamos previamente.
A continuación realizamos
un breve análise dunha serie de debuxos animados, unha película de debuxos
animados e dun spot publicitario, traballando os elementos da imaxe, as perspectivas,
etc. tema que traballamos cunha presentación nas clases teóricas.
Finalmente
realizamos un cartel cun mapa conceptual acerca do noso blog que sirve como resumen
do feito na materia.
En conclusión,
pensamos que esta materia pode ser útil
á hora de deseñar actividades interactivas que faciliten a aprendizaxe e a
motivación dos nosos alumnos.
A continuación
engadimos unha imaxe dunha gota de auga saltando e cos brazos en alto que
simboliza a nosa satisfacción tras rematar todas as tarefas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario